www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 24 de Marzo de 2019


Cultura • 22/03/2019

O actor e titiriteiro redondelán, Miguel Borines fíxose onte co máis importante dos premios que concede a escena galega a un actor de teatro. O seu papel na obra Casa O,Rei da compañía Ibuprofeno teatro foi recoñecido co galardón ao mellor actor protagonista. Unha gala organizada pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia que non estivo exenta de polémica xa que por vez primeira nos seus 23 anos non foi retransmitida pola Televisión de Galicia.


Sociedade • 22/03/2019

O local no que Correos instalará a nova oficina de Chapela atópase no número 137 de Avenida de Vigo, nun baixo que antigamente ocupaban as oficinas do Banco de Galicia. En total 113 metros cadrados que será reformados co obxecto de facelos accesibles a todos os colectivos nunha localización céntrica que pretende ser máis funcional. A nova oficina, que comezará a funcionar no verán, substituirá o servizo que actualmente se presta nun edifico de titularidade municipal na Estrada do Torreiro e que será derrubado para ampliar o vial e dotalo de beirarrúas.


Institucional • 22/03/2019

A praza de abastos de Chapela permanecerá pechada durante a vindeira semana por obras no seu interior. O mercado, que está sendo reformado, vese obrigado a pechar as súas portas para repoñer o piso que será substituído por outro material antideslizante. Os traballos que se están levando a cabo contan cun presuposto inicial duns 80.000 € e unha vez rematadas, nun prazo aproximado de mes e medio, permitirán contar cun mercado moderno e máis cómodo para praceiros e clientes.


Cultura • 22/03/2019

O Castelo de Soutomaior manterá as súas portas abertas durante esta fin de semana co fin de colaborar co XIX Certame e Exposición da Camelia organizado polo concello. Un evento que contará con máis de 40 expositores que amosarán as súas composición florais nun recinto modernizado logo das obras de musealización realizadas meses atrás. O Castelo estará aberto ao público de xeito gratuíto de 10.00 a 19.00 h, tanto o sábado como o domingo.


Deporte • 22/03/2019

O porteiro Antón Pérez xa é todo un veterano neste tipo de convocatorias proclamándose en 2016 Campión de España coa Selección Galega Benxamín e sendo peza crave na Selección Galega Alevín que chegou a Semifinais do Torneo na edición do 2018. Actualmente Antón é o porteiro do equipo Infantil de Liga Galega e esta tempada xa formou parte da Selección de Vigo no Campionato de Seleccións Locais.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728   

Próximos Eventos...
Luns, 25 de Marzo de 2019 - 18:00
Obradoiro sobre a prostitución
A Casa da Cultura acolle o luns 25 ás 18:00h un obradoiro de elaboración de carteis cuxa temáticas estarán centrada na Abolición da prostitución: pasamos á acción?. Unha actividade enmarcada na programación do Marzo Muller do Colectivo Paxaretas.
Xoves, 28 de Marzo de 2019 - 12:00
Souto pequeno
Festival de cine e música infantil en Arcade con presenza de artistas procedentes de Italia, Portugal, Arxentina e España. A proxección de películas de animación é a sinal de identidade deste festival no que haberá obradoiros e música. Do 28 ao 31
Luns, 1 de Abril de 2019 - 12:00
Artelixo 2019
Aberto o prazo de inscrición para participar nunha nova edición do Artelixo que encherá as rúas de arte do 21 ao 27 de abril. Inscrición no enderezo artelixoredondela@gmail.com
Hoxe na Radio