www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 19 de Xaneiro de 2019


Sociedade • 18/01/2019

Os afectados inician a campaña de recollida de sinaturas que se verá apoiada con puntos de recollida nos edificios públicos así como stands na feira do día 21 de xaneiro e 6 de febreiro. Os comerciantes sumaranse á petición colocando carteis nos seus escaparates co lema "Basta peaXe Rande" e estase a organizar unha manifestación moteira para que se elimine esta "peaxe inxusta". Concello e afectados estudan unha gran mobilización que se celebraría nos días previos a reunión da comisión mixta da Xunta e Fomento en Madrid na que teñen previsto estar presentes.


Sociedade • 18/01/2019

A prostitución e a trata de mulleres move preto de dez millóns de euros diarios en España, país que é o primeiro consumidor en Europa e o terceiro no mundo. A activista advirte que o perfil de usuario dos prostíbulos cada vez é máis novo e as prácticas que se esixen máis violentas e denigrantes. Tiganus insta á sociedade a que “reclame que isto cambie”.


Política • 18/01/2019

O pleno de Redondela aprobou por unanimidade unha moción presentada polo PP na que se insta ao goberno do estado a que realice as modificacións pertinentes de cara a eliminar a bonificación do IBI a Audasa. Un beneficio fiscal que permite á concesionaria da autoestrada aforrase un 95% deste imposto. Todos os grupos votaron a favor da moción malia criticar o "oportunismo político do PP, que cando gobernaban e Madrid votaron en contra dunha proposta idéntica presentada por En Marea".  Esta medida permitiría ao Concello ingresar por este concepto 133.000 euros máis.


Cultura • 18/01/2019

A formación liderada por Javier Vargas presentan en Redondela so seu concerto King of Latin Blues, da man da Concellería de Cultura. As entradas están á venda a un prezo de 10 euros (8 euros entrada reducida) con reservas no número 986 40 28 65. O concerto será este sábado día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira.


Cultura • 18/01/2019

A Concellería de Cultura pon en marcha un ciclo de teatro e música orientado ao público familiar que achegará a Redondela unha actuación mensual á que hai que sumar unha quinta proposta en Chapela. A primeira actuación correrá a cargo de Paco Nogueiras este domingo 20 ás 18:00 horas quen regresa ao noso concello co Brinca Vai 2.0. As entradas están xa a venda no Multiúsos a un prezo de 3 euros. A seguinte proposta será en Chapela o sábado 26 coa sala de Catapumchimpun e a compañía Titiribaile.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2018 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728    

Próximos Eventos...
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Vargas Blues Band
Concerto da Vargas Blues Band o día 19 ás 20:30 horas no Multiúsos A Xunqueira. A entradas teñen un prezo de 8/10 euros e poden adquirirse xa no propio Multiúsos.
Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 - 20:30
Teatro en Chapela
A comedia o fontaneiro e a miña muller do grupo Xunca de Parderrubias chega ao Multiúsos do Piñeiral do Crego o sábado 19 ás 20:30 horas da man do ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural e o Concello. Entrada de balde
Domingo, 20 de Xaneiro de 2019 - 18:00
Paco Nogueiras
O músico Paco Nogueiras é o encargado de inaugurar o I Ciclo de teatro infantil que organiza o concello de Redondela. A actuación será o domingo 20 ás 18:00 horas no Multiúsos co seu espectáculo Brinca Vai 2.0. Entrada 3 euros.
Xoves, 24 de Xaneiro de 2019 - 19:30
Castelao na Casa da Cultura
Normalización Lingüísitca organiza o 24 de xaneiro ás 19:30, unha charla en torno a Castelao a cargo de Carlos López Bernárdez, autor de diversos ensaios dedicados á historia pictórica de Galicia.
Sábado, 26 de Xaneiro de 2019 - 20:30
O enfermo imaxinario
O grupo Atlántida de Matamá adapta a obra de Molière: o enfermo imaxinario. Terceira proposta no Ciclo de teatro afeccionado que organiza a Asociación Cultural de Chapela en colaboración co COncello. O sábado 26 ás 20:30 no Piñeiral do Crego.
Domingo, 27 de Xaneiro de 2019 - 18:00
A sala de Catapumchimpum
Teatro infantil de monicreques coa compañía Titiribaile. O domingo 27 ás 18:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Ximnasia para maiores
Aberto o prazo de inscrición nun programa de ximnasia dirixido a persoas maiores. As clases impartiranse en horario de mañá nos pavillóns de Redondela e Chapela. Inscrición antes do 31 de xaneiro nas oficinas de Servizos Sociais.
Xoves, 31 de Xaneiro de 2019 - 12:00
Barbies contra a desiguladade
Unha exposición que leva por nome "Rompe. Xoga en iguladade" impulsada pola Deputación para denunciar a discriminación e a desigualdade que sofren as mulleres. Poderá verse de luns a venres no concello de Pazos de Borbén, en horario de 9:00 a 14:00h.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz