www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018


Cultura • 25/05/2018

A tradicional danza das Espazas e as Penlas e a elaboración das alfombras, con presenza por segundo ano de alfombristas de Cesantes e Santo Estevo, son os elementos distintivos dunhas festas que arrancarán na xornada do mércores co pregón a cargo do Antigo grupo Folclórico de Redondela e unha homenaxe póstuma a unha muller vinculada durante catro décadas ao Corpus, Esther Sánchez Miguez. A música será tamén protagonista indiscutible coas verbenas a cargo de dúas das orquestras máis potentes de Galicia: a París de Noia e a orquestra Panorama. Unha programación que non quere deixar de lado "o espírito rockeiro de Redondela" e que inclúe tamén un concerto a cargo dos grupos Masterplan, Supernatural e Vhaldemar.


Política • 25/05/2018

A exposición "A criminalización do pensamento" que fora censurada e retirada do Multiúsos da Xunqueira polo goberno de Redondela, alegando que podía incorrer nun delito de incitación ao odio, poderá verse na sede do Bloque na praza da Constitución. Unha mostra que recolle imaxes das cargas policiais dos anos 80 contra as traballadoras de Regojo así como do último asasinado polo franquismo e que poderá ser visitada dende o 29 de maio ata o 8 de xuño en horario de 19:00 a 21:00 horas.


Institucional • 25/05/2018

Baños adaptados á estatura dos alumnos máis cativos, pavimentos, varandas, elementos de seguridade específicos e espazos comúns preparados son algunhas das medidas que o Concello de Soutomaior tomará para adaptar o centro escolar Padín Truiteiro aos novos usuarios de educación infantil que a partir do vindeiro curso trasladaranse a estas instalacións dende o actual edificio da Oliveira. O alcalde, Agustín Reguera, asegura que estas medidas xa se acordaron coa dirección do centro no pasado mes de abril, respondendo así ás críticas do  BNG que recentemente reclamaban medidas neste sentido.


Deporte • 25/05/2018

O C.R. Chapela participa en Meira na categoría absoluta feminina na primeira quenda, xunto con Náutico de Riveira, Perillo e Vilaxoán. Previamente á disputa das finais celebrarase a Bandeira Illa de Samertolaméu de Traiñeiras de Veteranos, na que tamén participa Chapela, xunto a Ares, Muros, Rianxo e Samertolaméu.


Deporte • 25/05/2018

Este sábado, 26 de maio, celébrase a cuarta edición do Trofeo Marisma Concello de Redondela no que participarán 12 clubs de toda Galicia cun total de 310 nadadores.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2017 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Domingo, 27 de Maio de 2018 - 10:30
XXVIII Marcha ciclista Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira organiza o domingo unha marcha ciclista que sairá dende o propio centro ás 10:30h para achegarse ao casco urbano, porto de Cesantes e regreso a parroquia. Haberá gasallos e sorteos entre os participantes.
Hoxe na Radio