www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 18 de Xullo de 2019


Cultura • 17/07/2019

O festival Folk Illa de San Simón celebra este sábado día 20 a súa décima edición. Música e baile enmarcados na tradición galega serán os protagonistas desta cita na praia de Cesantes con ritmos dos grupos Habelas hainas, Pandereteiras Arume e Pelepau. Unhas actuacións que arrancarán ás 21:30 horas e que chegarán precedidas das actividades para os máis cativos co obxecto de facer un festival familiar que arranque xa pola tarde.


Cultura • 17/07/2019

O BNG de Redondela organiza este sábado ás 20:00 horas un acto de homenaxe as mulleres de Redondela que dando un exemplo de dignidade e heroísmo foron quen de tecer unha rede de solidariedade para levar un pouco de esperanza aos presos que o rexinme franquista enviou o campo de concentración de San Simón, entre os anos 1936 e 1945. Un acto enmarcado dentro da conmemoración da semana da Patria Galega.


Sociedade • 17/07/2019

Os veciños de Chapela e Teis sairán de novo á rúa se non se avanza na supresión da peaxe de Redondela, a urbanización do tramo de acceso da AP-9 e a instalación de pantallas acústicas para paliar o ruído que causa a autoestrada. As directivas das dúas asociacións veciñais anunciaron esta decisión logo dunha xuntanza na que criticaron que non se estean a producir avances en ningunha destas tres actuacións amplamente demandadas dende hai anos e que foran comprometidas polo Ministerio de Fomento.


Sociedade • 16/07/2019

O cine centra as actividades do encontro da mocidade en San Simón que organiza a Concellería de Xuventude de Soutomaior. Unha actividade orientada a mozos e mozas de entre 12 e 17 anos de idades que se vai desenvolver do 19 ao 22 de agosto e que leva por nome "Historias na Illa". Durante catro días e tres noites os participantes farán vida neste espazo e poderán gozar de diferentes actividades vinculadas co cine. O prezo é de 54 euros os empadroados, 145 euros os que non o estean. A inscrición está aberta ata o mércores 17 de xullo na páxina web do Concello. 


Política • 16/07/2019

O que fora alcalde durante os últimos oito anos, Javier Bas, presentou onte a súa renuncia a presidir o Partido Popular local e renuncia tamén á acta de concelleiro "por motivos laborais". A nova xestora, presidida pola exconcelleira Ana Alonso será a encargada de reforzar a estrutura de partido. Nesta xestora estarán tamén presentes Carmen Amoedo (vicepresidenta), Susana Cabaleiro (secretaria xeral), Alberto Pazos (portavoz), Mari Carmen Bastos (secretaria de Organización), Arturo González (tesoureiro) e María José Barciela (Coordinación Parroquial).




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2018 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Próximos Eventos...
Venres, 19 de Xullo de 2019 - 22:00
Airiños do Mar de Teis
Concerto do grupo Airiños do Marde Teis o vneres 19 ás 22:00 horas na Alameda Rosalía de Castro de Chapela.
Sábado, 20 de Xullo de 2019 - 22:00
Fanfarria Taquikardia
A animada música da fanfarria Taquikardia porán ritmo á noite do sábado 20 de xullo ás 22:00 horas. Un concerto de balde na praza da Casa da Torre enmarcado na programación cultural do concello.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 22:00
Coanhadeira
Espectáculo Bicos con luvas do grupo Coanhadeira, o domingo 21 ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 23:30
Guillermo Castro en Cesantes
A praia de Cesantes acolle o domingo 21 ás 23:30 horas un concerto a cargo do cantautor Guillermo Castro. Actuación de balde organizada polo Concello de Redondela.
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10:00 a 14:30 horas e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Sábado, 27 de Xullo de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela diante do Concello para recoller doazóns de sangue o sábado 27 en horario de 10:00 a 15:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia