www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Febreiro de 2018


Deporte • 23/02/2018

O club de Pazos de Borbén estrea mañá o remodelado campo de fútbol con herba artificial co obxectivo de incrementar os equipos das categorías base. Chan do Arieiro acollerá ás 17.00 horas un acto coa participación de todos os equipos do U.D. Nespereira e un partido de exhibición. As obras non estiveron exentas de polémica, ao denunciar Alternativa Veciñal que o goberno local "mentiu" nos prazos para non perder unha subvención.


Sucesos • 23/02/2018

A operación, con rexistros en varias vivendas do municipio, deixa sete persoas detidas e máis de 100 quilos de droga incautada. Segundo indica a Policía Nacional nun comunicado, entre os detidos atópanse o líder da banda e o seu home de confianza. Tamén se incautaron 7 vehículos de alta gama, un revólver e equipos de radiotransmisión nunha operación na que colaborou a GNR portuguesa.


Política • 23/02/2018

A modificación do regulamento que se segue para elixir ao Persoeiro do Ano foi aprobada no pleno de onte. O cambio máis importante recollido no texto implica que, a partir de agora, a decisión deixará de estar vinculada a unha mesa de expertos e serán os veciños, co seu voto, quen determinarán a quen se lle concede este recoñecemento. A proposta contou cos votos a favor de todos os grupos presentes na corporación, agás o BNG quen optou pola abstención por entender que se trata "dun procedemento deturpado que carece da discreción que debería ter, tendo en conta que afecta a veciños e familias de Redondela".


Política • 23/02/2018

O campo de fútbol da Gándara, no que adestra o club deportivo Cesantes, atópase nunha situación lamentable. "O deterioro das bancadas, vestiarios e campo de xogo, poden considerarse terceiromundista" explican dende o BNG. Por ese motivo instan ao alcalde "a cumprir coa súa palabra e proceder a renovar estas instalacións". Entenden que a convocatoria do Plan Concellos da Deputación é a mellor oportunidade para afrontar esta obra xa que se contempla para Redondela unha partida de 1.172.000 euros.


Cultura • 23/02/2018

A Biblioteca de Redondela cumpre medio século e vaino celebrar con diferentes actividades ao longo do ano. A primeira delas xa está en marcha baixo o candelo #eubibliotecasredondela50 e serve para conmemorar este aniversario e dar a coñecer o novo carné da biblioteca.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2017 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Próximos Eventos...
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 24 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 20:00
Homenaxe Lois Obelleiro
O Multiúsos de Arcade acolle o vindeiro 24 de febreiro un acto homenaxe no que se presentará o libro "Lois Obelleiro: compromiso e loita" cando se cumpre o X cabodano do pasamento do dirixente nacionalista.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Concerto de Tr3sporc4tro
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 25 a presentación do novo disco do grupo de música tradicional revisada, TR3SPORC4TRO (3X4). Será nun concerto programado para as 19:00h con entrada de balde.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Pórtico Sonoro
O ciclo de música nas Igrexas chega ao templo de San Pedro de Cesantes coa actuación o domingo 25 ás sete tarde do Coro Rías Baixas.Organiza Concellería de Cultura. Entrada de balde.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 12:00
Conciliación Semana Santa
As actividades desenvolveranse nas parroquias de Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril de 9:00 a 14:00h. En total 105 prazas para nenos e nenas de 4 a 14 anos. inscrición antes do 28.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 20:00
Axudas á rehabilitación
Charla na Casa da Cultura o mércores 28 ás 20:00h sobre as axudas para a rehibilitación de edificios e vivendas nos Camiños de Santiago. As parroquias que se poden beneficiar son Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar.
Sábado, 7 de Abril de 2018 - 19:00
Cuarteto Musicantes
A Igrexa de Santiago de Redondela acolle a actuación do Cuarteto Musicantes. Música clásica enmarcada dentro do ciclo Pórtico Sonoro que organiza a Concellería de Cultura. O sábado día 7 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 19:00
Concerto do Cuarteto Alicerce
O Pórtico Sonoro despídese cun concerto a cargo do Cuarteto Alicerce na Igrexa Santa María do Viso. O sábado 28 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz