www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018


Cultura • 21/09/2018

O 21 de setembro de 1968 inaugurábase a Biblioteca de Redondela. Un servizo que hai cincuenta anos estaba ubicado nos baixos do Concello e que chegou ter nese primeiro ano de vida un total de 325 socios, cifra que iría subindo ata os preto de 7.000 na actualidade. Para conmemorar esta data ao longo de todo o ano estanse a celebrar diversas actividades que inclúen campañas nas redes sociais, a lectura radiofónica "Mergullándonos nas ondas con Verne" e a busca dun nome co que bautizar a Biblioteca de Chapela.


Política • 21/09/2018

Denuncian que a Alameda leva pechada semanas malia que xa está recepcionada polos servizos técnicos do Concello. Para os socialistas todo se debe a unha falta de xestión do goberno local a quen acusan ademais de estar demorando a apertura deste espazo co obxecto de buscar a "fotografía de campaña"  na recta final da campaña electoral das municipais.


Sociedade • 21/09/2018

O colectivo de afectados vén de remitir un escrito ao Ministerio de Fomento e Audasa reclamando o cumprimento das obras acordadas con respecto á ampliación da AP-9. Demandas entre as que se inclúen a eliminación da peaxe en Rande ou a realización das diferentes melloras e recuperación de camiños e servizos que se viron afectados polas obras de ampliación da autoestrada e que seguen sen seren reparados nove meses despois de que se abrira o terceiro carril da vía.


Política • 21/09/2018

O departamento de medio ambiente do Concello ten en marcha dúas novas iniciativas de cara as vindeiras semanas. Así, o día 6 de outubro organizan unha xornada de limpeza na zona da Enseada da Portela co gallo de concienciar sobre os elementos de alto nivel contaminantes que acaban no mar como cabichas ou plásticos. Para promover a reciclaxe dos residuos domésticos organizan tamén un novo reparto de composteiros. Ámbalas dúas accións precisan de inscrición previa no 986 400300 ou no enderezo medioambiente@redondela.gal.


Sociedade • 20/09/2018

Os veciños da zona non descartan poñer en marcha un calendario de mobilizacións no caso de que a Autoridade Portuaria non renuncie a empregar a explanada de Duchess en Rande como almacén de colectores. O presidente da Plataforma da Enseada San Simón anuncia que xa solicitaron unha reunión co alcalde, Javier Bas para abordar o problema e están a espera de que o organismo portuario lles remita toda a información sobre o proxecto.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 12:00
Concerto no Meixón Frío
As terrazas do Meixón Frío propoñen os sábado unha sesión vermu musical. Arraca este sábado 22 cunha Jam Sessión ás doce do mediodía.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 20:00
Tarde de Zarzuela
A Asociación Lírica galega ofrece unha tarde de música no Multiúsos da Xunqueira coa súa proposta "Tarde de Zarzuela". O sábado 22 ás 20:00 horas. Actuación enamrcada dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
Xoves, 27 de Setembro de 2018 - 18:30
Contacontos en Chapela
Contacontos para nenos na Biblioteca de Chapela o xoves 27 de setembro, ás 18:30 horas con Os contos de Pablísimo e o espectáculo "O Paroleiro". Entrada de balde.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz